DULCINEA
Vicente Escrivá, 1962
94’
DULCINEA / INCANTESIMO D´AMORE
(España-Italia, 1962)
Dirección: Vicente Escrivá. Guión: Vicente Escrivá e Ramón D. Faraldo. Produción: Aspa P.C., Nivifilm. Fotografía: Godofredo Pacheco. Intérpretes: Millie Perkins, Cameron Mitchell, Folco Lulli, Andrés Mejuto. Dur.: 94 min.
Coprodución onde Escrivá adapta libremente unha obra do dramaturgo francés Gaston Baty para construír un memorable retrato feminino. Mestura insólita de rexistros, parte dunha representación con títeres similar ao “Retablo de Maese Pedro” e apunta algunhas claves da obra: a frutífera e insólita prolongación do relato e espírito quixotesco a través de acusados paralelismos coa necesidade de amor de Aldonza / Dulcinea. As cuestións da identidade e da metafísica eríxense en epicentros narrativos, fomentando un produtivo xogo de correlacións.