DUERME, DUERME, MI AMOR
Francisco Regueiro, 1974
90´. Mesa redonda homenaxe da AEHC coa presenza de Francisco Regueiro, o presidente da AEHC Julio Pérez Perucha e os socios José Luís Castro de Paz e Xosé Nogueira. Entrada gratuíta.
DUERME, DUERME, MI AMOR
(España, 1974)
Dirección: Francisco Regueiro. Guión: Manuel Ruiz Castillo, Esmeralda Adam e Francisco Regueiro. Produción: Goya Films. Fotografía: Raúl Pérez Cubero. Intérpretes: José Luis López Vázquez, María José Alfonso, Rafaela Aparicio, Laly Soldevila, Manuel Alexandre. Duración: 90 minutos.
Mario, un tímido e discreto profesor, faise millonario por un premio de lotaría. Pero a súa muller, Amparo, alporizada pola angustia da existencia, non lle deixa nin artellar palabra polo que Mario non pode comunicar a fortuna. Emparentada coa tamén maxistral ¡Vivan los novios! (1969) de Berlanga, Regueiro propón un brillante esperpento ou comedia bárbara chea de imaxinación, frescura, ferocidade, compoñentes surrealistas e escenas gozosas, cunha memorable voda pola que asistimos exemplarmente ao proceso amoroso completo (ata a ruptura) e un colofón incisivo ata na composición musical, a canción de Felipe Campuzano cantada por Las Grecas “Te estoy amando locamente”.