DON QUIJOTE / DON-KIHOT
Grigory Kozintsev, 1957
110’
DON QUIJOTE / DON-KIHOT
(U.R.S.S., 1957)
Dirección: Grigory Kozintsev. Guión: E. Schwartz. Produción: Lenfilm. Fotografía: Andrei Moskvin e Appolinari Dudko. Intérpretes: Nikolai Cherkasov, Yuri Tolubeyev, T. Agamirova, G. Vitsin. Dur.: 110 min.
Máis tráxica que xocosa, máis retrato dunha heroicidade nobre e fracasada que da loucura, Don Quixote adquire axeitado corpo e chispa no gran Nikolai Cherkasov, actor de Eisenstein que xa encarnara o papel en teatro. Filmada en Crimea, exhibida no festival de Cannes, o labor de resumo preciso das peripecias, obviando as menos realistas e alterando a condición natural hispana, deixa ver as intencións de Kozintsev de ofrecer unha aguda disección de raíces marxistas do mito, da mesma loita de clases e da necesaria reacción das masas.