
Domestic Violence
Frederick Wiseman, 2001.
196’. Subt. Galego. Entrada gratuíta.
DOMESTIC VIOLENCE
(Estados Unidos, 2001)
Dirección: Frederick Wiseman. Produción: Domestic Violence Inc., PBS e WNET Channel 13 New York. Fotografía: John Davey. Duración: 196 minutos.
Modélico documentalista, Frederick Wiseman (Boston, 1930) disecciona na súa proteica obra practicamente todos os estamentos da sociedade axudando a artellar un retrato multifacético, poliédrico e complexo da sociedade actual. Filmando abundante material e seleccionando cal filme de ficción a metraxe, Wiseman é autor de filmes maxistrais. En Domestic violence, amosa as posibles respostas á violencia de xénero doméstica e as aplicacións en mulleres e cativos. O relato recolle a acción policial, os grupos de terapia, as actividades educativas e os centros de prevención en localidades de Tampa (Florida). Gañadora no Festival de Chicago.