
Deux jours, une nuit / Dos días, una noche
Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2014
96'. DCP. Subt. castelán. Presentación ciclo no 2º pase. Entrada de balde.
DEUX JOURS, UNE NUIT / DOS DÍAS, UNA NOCHE
(Bélxica-Francia, 2014)
Dirección e guión: Jean-Pierre e Luc Dardenne. Fotografía: Alain Marcoen. Produción: Les Films du Fleuve e Archipel 35. Intérpretes: Marion Cotillard, Fabrizio Rongione. Duración: 96 minutos.
Non é unha fin de semana calquera. Sandra ten que tentar que os seus compañeiros de traballo renuncien a unha paga extraordinaria para ela manter seu posto na empresa. Acompañada do seu home, comeza unha sorte de road-movie emblemática da crise actual. Nomeamento ao Oscar para Marion Cotillard nun filme dirixido polos Dardenne, lendarios gañadores por partida dobre en Cannes (Rosetta, El niño)e donos dun persoal cultivo do realismo social cheo de sutileza.