DERSU UZALA
Akira Kurosawa, 1975.
141´. Subtítulos en castelán.
DERSU UZALA (Xapón-URSS, 1975) Dirección: Akira Kurosawa. Guión: Akira Kurosawa e Yuri Nagibin, sobre a obra de Vladimir Arseniev. Produción: Atelier 41, Mosfilm, Daiei Studios. Fotografía: Fyodor Dobronravov, Yuri Gantman e Asakazu Nakai. Intérpretes: Maksim Munzuk, Yuri Solomin. Duración: 141 minutos. Adaptación do libro escrito polo capitán Vladimir Arseniev onde narra o seu encontro con Dersu Uzala, un vello cazador nómade nos bosques da taiga siberiana. Dersu aprenderalle a Arseniev a convivir en plena harmonía coa natureza e a saber respectala ao máximo para non perturbar a existencia de ambos. Dirixida polo mestre xaponés Akira Kurosawa foi rodada durante 1974 nos escenarios naturais que percorreron Dersu e Arseniev, baixo condicións meteorolóxicas adversas. Ganou un Óscar en 1975 como “Mellor película de fala non inglesa”.