DE NIÑOS
Joaquín Jordá, 2003
188’.
DE NENS / DE NIÑOS
(España, 2003)
Dirección: Joaquín Jordá. Guión: Joaquín Jordá e Laia Manresa. Produtor: Isona Passola. Produción: Massa d´Or. Fotografía: Carles Gusi, Enric Daví, Irina Vañó, Jordi Oliver. Duración: 188 minutos.
Outra obra mestra do cinema dos últimos anos, un vibrante traballo de denuncia a modo de melodrama xudicial –cun xuíz inesquecible e malvado- que artella as complexas ramificacións sociopolíticas e o grao de manipulación nun xuízo por impopulares motivos, a trama de pederastia do Raval de Barcelona. Dotado dunha contundente amálgama de materiais, a sabia posta en escena amosa un trasfondo de intereses que se erixe en colosal metáfora da sociedade actual, das súas burbullas inmobiliarias, miradas crueis e seres desprazados.
-
-
Cero en conducta. Seminarios e talleres de imaxe
DE NIÑOS
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Presentación: Joaquim Jordà. Entrada gratuíta.