DÁME LUME
Héctor Carré, 1994.
99´. Versión galega. Entrada gratuíta.
DAME FUEGO / DÁME LUME
(España, 1994)
Dirección e guión: Héctor Carré. Produción: Sun Lúa e Vici Produccións SL. Fotografía: Juan Carlos Gómez. Intérpretes: Camilo Rodríguez, Ana Otero, Mercedes Sampietro. Duración: 99 minutos.
Dengue é un bombeiro inocente e apaixonado. Vítima inconsciente dunha trama para enganar a seu pai, un home poderoso e corrompido, namora de Candela, a ferramenta do engano. Pero Candela tamén namora del, polo que deben fuxir. Thriller rodado na cidade e arredores (Oleiros) interpretado por actores como Evaristo Calvo, Nancho Novo e Manuel Lourenzo, foi nominado ao premio Goya á mellor ópera prima.