Contos de Marineda. A Coruña e o cine (III)
Do 1 de xuño de 2008 ao 30 de xuño de 2008
En colaboración co Concello da Coruña.
Durante os meses de abril, maio, xuño e outubro, novembro e decembro de 2008, cunha periodicidade dun día semanal (os martes) o CGAI, en colaboración co Concello da Coruña, organiza unha proxección de traballos cinematográficos vinculados á cidade da Coruña con motivo do seu 800 aniversario. O ciclo, enmarcado de forma ampla, achegaranos desde obras con imaxes recuperadas da cidade ou ambientadas nela, títulos localizados e rodados na urbe ata películas nas que interveñen profesionais orixinarios dela, atendendo ademais ás diferentes épocas. Dividido en dous bloques, a cidade e os cidadáns, o primeiro deles, nestes tres primeiros meses, comprende traballos que empregan exteriores, imaxes ou localizacións da Coruña. No outono o ciclo referirase aos traballos fílmicos executados por personalidades ligadas ao cine procedentes da cidade (directores, guionistas, produtores, actores).