Curtametraxes de Chus Domínguez
O PREZO DA DOTE (2002)
NO ÁMBITO DO CAUCA (2003)
O TEMPO DOS BULLÓS (2005)
52’. Entrada gratuíta.
O PREZO DA DOTE
(España, 2002)
Dirección, guión e fotografía: Chus Domínguez. Produtor: Marino García. Produción: Piensan las manos, Goldstein&Steinberg. Duración: 20 minutos.
Situado a medio camiño entre a ficción e a non ficción, xira ao redor de tres núcleos temáticos: eu, incerteza, memoria.
NO ÁMBITO DO CAUCA
(España, 2003)
Dirección e fotografía: Chus Domínguez. Guión: Marlene Anaya, Chus Domínguez. Produtor: Marino García. Produción: Piensan las manos, Goldstein&Steinberg. Duración: 20 minutos.
Bebe nos ecos da obra e vida de Antón Avilés de Taramancos, cumio da poesía galega contemporánea. A evocación do seu percorrido vital no sur colombiano, desde o seu reencontro con Galicia, serve de pretexto para transitar polos espazos de dor e desasosego, pero tamén de enriquecemento, que supón a vivencia da emigración.
O TEMPO DOS BULLÓS
(España, 2005)
Dirección, guión e fotografía: Chus Domínguez. Produtor: Marino García. Produción: Piensan las manos. Duración: 12 minutos.
A captación da natureza, a fina sensibilidade dos elementos, a vida cotiá en Outeiro, na serra do Courel. Unha cita de Lao Zi como sintético peche: “O espírito do val nunca morre; é a femia misteriosa. A porta da femia misteriosa é a raíz do Ceo e da Terra”.