CRÓNICA DE UN VERANO
Jean Rouch, 1960
86´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
CHRONIQUE D´UN ÉTÉ [CRÓNICA DE UN VERANO]
(Francia, 1960).
Dirección, guión: Jean Rouch, Edgar Morin. Produción: Anatole Dauman para Argos Films. Fotografía: Raoul Coutard, Michel Brault, Roger Morillière, Jean-Jacques Tarbès. Duración: 86 minutos.
Nas rúas de París búscanse razóns para explicar a felicidade. Ensaio sociolóxico, psicodrama, filme-enquisa, o descubrimento do cinéma vérité, unha das indagacións máis decisivas no campo documental e no crecemento da linguaxe fílmica. Premio da crítica en Cannes, moi pronto Chris Marker faría outro robusto e parecido experimento na monumental Le joli mai (1963).