
CRASH
David Cronenberg, 1996
98´. Subtítulos en galego.
CRASH
(Canadá, 1996)
Dirección e guión: David Cronenberg, baseado na novela de J.G. Ballard. Produción: Alliance Communications Corporation. Fotografía: Peter Suschitzky. Intérpretes: James Spader, Holly Hunter, Elias Koteas, Deborah Unger, Rosanna Arquette, Peter McNeil. Duración: 98 minutos.
O matrimonio Ballard, obsesionado pola busca de novas experiencias sexuais, entra en contacto cun grupo de suxeitos trastornados polo desexo, a morte e os automóbiles. O seu xefe é un científico renegado, Vaughan, sempre á procura de sexo e accidentes extremos. Premio Especial do Xurado en Cannes para un filme de minuciosa observación e disección clínica, simultaneamente intenso, que establece o contundente triángulo de McLuhan sexo-tecnoloxía-morte e capta e incluso excede as intencións da magnífica novela “protociberpunk” de J.G. Ballard.