
A COSTA DOS MURMÚRIOS
Margarita Cardoso, 2004.
120´. Subtítulos en galego.
A COSTA DOS MURMÚRIOS
(Portugal-Francia-Alemaña, 2004)
Dirección: Margarita Cardoso. Guión: Margarita Cardoso e Cédric Basso, baseada na novela de Lídia Jorge “A Costa dos Murmúrios”. Produción: Filmes do Tejo, Les Films de l´après-midi, ZDF/ARTE, Network Movie. Fotografía: Lisa Hagstrand. Intérpretes: Beatriz Batarda, Filipe Duarte, Mónica Calle, Adriano Luz, Luis Sarmento. Duración: 120 minutos.
A finais dos anos 60, Evita chega a Mozambique para casar con Luis, universitario que cumpre o servizo militar alí. Evita capta que Luis, perturbado pola guerra colonial, xa non é o mesmo. Evita queda soa e intenta comprender que cambiou a Luis. A muller do capitán, Helena, revélalle o lado escuro de Luis... A agonía do Portugal colonial nun cru drama.