CONTROL
Anton Corbijn, 2007.
120´. Subtítulos en castelán.
CONTROL
(Reino Unido-Estados Unidos-Australia-Xapón, 2007)
Dirección: Anton Corbijn. Guión: Matt Greenhalgh, sobre a narración autobiográfica «Touching from a distance» de Deborah Curtis. Produción: 3 Dogs and a Pony, Becker Films, Claraflora, NorthSee, Warner Music. Fotografía: Martin Ruhe. Intérpretes: Sam Riley, Samantha Morton. Duración: 120 minutos.
Estreada en Cannes 2007, chega a España con atraso este retrato de Ian Curtis, o lendario, enigmático e prematuramente falecido (aos 23 anos) vocalista de Joy Division. Dirixido polo fotógrafo e director de videoclips holandés Anton Corbijn, que adapta a narración que publicara a viúva de Curtis, unha simbiose do naturalismo en branco e negro das súas fotos desde a era postpunk e unha sorte de melancólica sobriedade que se axusta con pertinencia á historia acontecida.