CONTRA LA PARED
Fatih Akin, 2004
120´. Subtítulos en castelán.
GEGEN DIE WAND / CONTRA LA PARED
(Alemaña-Turquía, 2004)
Dirección e guión: Fatih Akin. Produción: Wüste Filmproduktion, Corazón Internacional, Norddeutscher Rundfunk, Panfilm, Bavaria Film International, Arte. Fotografía: Rainer Klausmann. Intérpretes: Birol Ünel, Sibel Kekilli. Duración: 120 minutos.
Cahit é un autodestrutivo crápula da noite de Hamburgo, alcohólico e de tendencias suicidas, que, tras estrelarse en coche contra unha parede, recala nunha clínica psiquiátrica. Alí coñece a Sibel, unha moza de orixe turca que intentou o suicidio como vía de escape ao conservador ambiente da casa familiar. Sibel desexa vivir a vida con intensidade e proponlle a Cahit un matrimonio de conveniencia. Este acepta, mais o que parecía en principio unha relación de compañeiros de piso acaba complicándose, marcando para sempre a vida de ambos. Filmada con luz natural, axeitada música e un guión medido, Fatih Akin obtén un enorme éxito e recoñecemento, incluíndo o Oso de Ouro á mellor película e o premio ao mellor director no Festival de Berlín 2004.