![CINCO DÍAS DUNHA VIDA CINCO DÍAS DUNHA VIDA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1687.jpg?itok=8yeHytCZ)
CINCO DÍAS DUNHA VIDA
Souleymane Cissé, 1972
50´. Cine. Subtítulos en galego.
CINQ JOURS D´UNE VIE / [CINCO DÍAS DUNHA VIDA]
(Mali-Senegal, 1972)
Dirección e guión: Souleymane Cissé. Produción: Les Films Cissé. Fotografía: Souleymane Cissé, Cheick Hamala Keïta e Mamadou Sidibe. Intérpretes: Falaye Dabo, Myriam Tima. Duración: 50 minutos.
Cinco días na vida dun mozo que sae dunha escola coránica e acaba vivindo e roubando na rúa, ata que o deteñen e envían a prisión. Unha primeira aproximación crítica de Cissé á súa sociedade, amosando a esterilidade dos sistemas educativos impositivos e a neglixencia e influencia das institucións.