CASCO DE ACERO
Samuel Fuller, 1951
84´. Subtítulos en galego.
THE STEEL HELMET / CASCO DE ACERO
(Estados Unidos, 1951)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Deputy Corporation. Fotografía: Ernest Miller. Intérpretes: Gene Evans, Robert Hutton. Duración: 84 minutos.
Guerra de Corea. Zack, un sarxento veterano sobrevive a un disparo na cabeza. É o único supervivente do pelotón e cae prisioneiro do inimigo, pero consegue fuxir grazas á axuda dun rapaz coreano, xunto ao que se une a un novo pelotón que ten como misión tomar un templo budista ocupado polo inimigo. Enérxica, realista (Fuller sempre lonxe da propaganda estéril, da falsificación ruín) e intensa historia bélica que se emparenta argumentalmente coa posterior, máis ambiciosa e tamén maxistral Uno Rojo, división de choque (1980).