A CASA DE LOLA DE ANDRÉS
Olaia Sendón, 2006.
34´. Vídeo. Presentación a cargo de Olaia Sendón, Alfonso Pato e Juan Creus. Entrada gratuíta.
A CASA DE LOLA DE ANDRÉS
(España, 2006)
Dirección, guión e produción: Olaia Sendón. Fotografía: Linda D´onofrio e Olaia Sendón. Duración: 34 minutos.
Os ecos da memoria e as pisadas do pasado dilúense con extrema facilidade baixo a fachada do intimidatorio fenómeno inmobiliario. A Costa da Morte, baixo espellismos de prosperidade, está en venda. Emigración, desestruturación económica, carencias industriais, especulación, un retrato sobre o terreo que supón unha metáfora da gran ficción instalada na sociedade española. Seleccionada para o Festival de Cine de Málaga.