
Cántico das criaturas
Miguel Gomes, 2006
23´. Subtítulos en galego.
CÂNTICO DAS CRIATURAS
(Portugal, 2006)
Dirección e guión: Miguel Gomes. Fotografía: Rui Poças. Produción: O Som e a Furia. Intérpretes: João Nicolau, Mariana Ricardo, Paolo Manera. Duración: 23 minutos.
Asís, 2005. Un home percorre as rúas da cidade tocando a guitarra e cantando unha versión do Cántico das Criaturas de San Francisco. Un paseo por escenas cotiás e fermosas que remata fronte a un fresco do santo na basílica que leva o seu nome.