BRIGHT LEAVES
Ross McElwee, 2003.
107´. Vídeo. Subtítulos en galego.
BRIGHT LEAVES
(Estados Unidos, 2003)
Dirección, guión e fotografía: Ross McElwee. Produción: Linda Morgenstern e Ross McElwee. Duración: 107 minutos.
A historia do bisavó do director, empresario tabaqueiro que fundou a marca Bull Durham, serviu de base para un antigo melodrama de Hollywood dirixido por Michael Curtiz. Tres xeracións despois, McElwee emprende unha viaxe por Carolina do Sur acompañado de todos os fantasmas, de Curtiz e do seu avó, sabendo que a escusa inicial se pode transformar en calquera momento e mudar non só a película, senón a súa idea da vida. Outro capítulo da existencia fílmica de McElwee, director de Sherman´s march (1986) e 6´o clock News (1996), mestre do diario fílmico e do documental autobiográfico.