Blow Horn
Luis Miñarro, 2009.
75’. Subt. Castelán.
BLOW HORN
(España, 2009)
Dirección: Luis Miñarro. Guión: Luis Miñarro e Lama Jinpa Gyamtso. Produción: Eddie Saeta SA. Fotografía: Christophe Farnarier. Duración: 75 minutos.
Filme documental resolto como un Mandala, termo sánscrito que designa os diagramas circulares simbólicos propios do pensamento budista e hinduísta, e homenaxe de Miñarro a aqueles que intentan explorar o propio interior en beneficio dos demais. Seguimento dun grupo de amigos do director –que emerxen do seu retiro espiritual para emprender unha viaxe á India- coescrito co protagonista, o Lama Jinpa Gyamtso, procedente de Terrassa, monxe desde 1989, director de varios centros de budismo tibetano en España. Un traballo que tende á abstracción como meditado resultado de máis de 30 horas de gravación e que estivo presente nos certames de Locarno e Xixón 2009.