BLED NUMBER ONE
Rabah Ameur-Zaimeche, 2005.
97´. Subtítulos en castelán.
BLED NUMBER ONE
(Francia, 2005)
Dirección: Rabah Ameur-Zaimeche. Guión: Louise Thermes e Rabah Ameur-Zaimeche. Produción: Sarrazink Productions, Les Films du Losange, coa participación do CNC. Fotografía: Lionel Sautier, Hakim Si Ahmed e Olivier Smittarello. Intérpretes: Rabah Ameur-Zaimeche, Meriem Serbah, Abel Jafri. Duración: 97 minutos.
Nada máis saír de prisión, Kamel é expulsado ao seu país de orixe, Alxeria. Este exilio forzoso permítelle observar con lucidez un lugar en plena efervescencia, que se debate entre un desexo de modernidade e o peso das tradicións ancestrais. Premio da Xuventude en Cannes 2006 para unha película que inclúe boa parte da familia do autor, creador da exitosa “Wesh Wesh, qu´est-ce qui se passe?” (2001).