Blancanieves
Pablo Berger, 2012.
104'. Entrada de balde.
BLANCANIEVES
(España-Francia, 2012)
Dirección e guión: Pablo Berger. Produción: Arcadia Motion Picture, Noodles Production, Nix Films, Sisifo Films, Thekraken Films, mama Films, arte France Cinéma, Canal +. Fotografía: Kiko de la Rica. Intérpretes: Macarena García, Maribel Verdú, Daniel Giménez Cacho. Duración: 104 minutos.
Un proxecto longamente agarimado que triunfou na última edición dos Premis Gaudí e dos Premios Goya. Segunda e persoal longametraxe de Pablo Berger (Torremolinos 73), un exercicio de estilo que representa toda unha relectura do conto dos irmáns Grimm –levado ao primeiro terzo do século XX español– e da propia historia do cine. Blancanieves é Carmen, una moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta, Encarna. Para fuxir do seu pasado, Carmen emprende unha apaixonante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de ananos toureiros.