BLACK PANTHERS
Agnès Varda, 1968
28´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
BLACK PANTHERS
(Francia, 1968)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris. Fotografía: David Myers, Jhon Schofill, Paul Araton e Agnès Varda. Duración: 28 minutos.
A represión policial na cidade de Oakland, berce dos Panteras Negras logo da fraudulenta acusación contra un dos seus líderes, Huey P. Newton, encarcerado baixo a acusación de matar a un policía. Aparicións de figuras como Eldridge Cleaver, H. Rap Brown, Bobby Seale e Stokeley Carmichael nunha sorte de reportaxe incendiaria que chega a ser o único filme en prol da reivindicación radical negra exhibido comercialmente nos Estados Unidos.