Bigger than life
Nicholas Ray, 1956.
95’. Subt. Castelán.
BIGGER THAN LIFE / MÁS PODEROSO QUE LA VIDA
(Estados Unidos, 1956)
Dirección: Nicholas Ray. Guión: Cyril Hume e Richard Maibaum, sobre unha historia de ambos e un artigo de Burton Roueche. Produción: 20th Fox. Fotografía: Joseph MacDonald. Intérpretes: James Mason, Barbara Rush, Walter Matthau. Duración: 95 minutos.
Un profesor pai de familia cae enfermo por exceso de traballo, unha inflamación arterial. Recibe tratamento con cortisona. A droga, que parece milagrosa, pronto lle ocasiona delirios de grandeza e episodios paranoicos. Obsesionado polo ensino, tiraniza o seu fillo e a súa esposa e comeza a escribir artigos demoledores. Producida polo seu protagonista, o gran actor británico James Mason, Ray constrúe unha parábola sutil e intelixente. “Nos seus primeiros filmes Ray trataba da violencia e da soidade moral dos violentos non sen certa compracencia. Pouco a pouco estase a dedicar a demostrar a vaidade da violencia e a importancia da lucidez” (François Truffaut, Les films de ma vie, 1975).