Berberian Sound Studio
Peter Strickland, 2012
92'. DCP. Subt. Castelán
Berberian Sound Studio
(Reino Unido, 2012)
Dirección e guión: Peter Strickland. Fotografía: Nic Knowland. Intérpretes: Toby Jones, Tonia Sotiropoulou, Cosimo Fusco, Susanna Cappellaro, Layla Amir, Eugenia Caruso. Dur: 92’.
Na década dos setenta, o Berberian Sound Studio foi o estudio de posprodución de son máis barato e sórdido de toda Italia, polo que soamente as películas máis perturbadoras procesaron e editaron as súas mesturas neste lugar. Gilderoy, un tímido enxeñeiro de son residente no Reino Unido, viaxa a Italia para encargarse de mesturar o último giallo de Santini, o gran mestre do xénero; Gilderooy axiña se verá atrapado nun mundo prohibido poboado por actores maniáticos onde os caprichos artísticos e a burocracia máis absurda marcan o día a día. (La Aventura)