THE BEAUTIFUL WASHING MACHINE
James Lee, 2004.
118´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
MEI LI DE XI YI JI / THE BEAUTIFUL WASHING MACHINE
(Malasia, 2004)
Dirección e guión: James Lee. Produción: Doghouse 73 Pictures. Fotografía: Gay Hian Teoh. Intérpretes: Loh Bok lai, Patrick Teoh. Duración: 118 minutos.
James Lee é a cabeza visible do cine underground de Malasia e autor desta comedia surrealista protagonizada por unha lavadora. Rodada en planos de medida composición, con predilección por escenarios nocturnos (supermercados que non pechan nunca, tétricos aparcadoiros), Lee establece unha aparente metáfora da alienación contemporánea, puntuada por un retorcido sentido do humor e un ton de alporizada comedia negra que lle resta transcendencia ao asunto.