BAYAN KO: MY OWN COUNTRY
Lino Brocka, 1985
108´. Subtítulos en galego.
BAYAN KO: KAPIT SA PATALIM / BAYAN KO: MY OWN COUNTRY
Lino Brocka, 1985. Con Philip Salvador, Gina Alajar. 108´.
Turing, un humilde empregado de imprenta, vese obrigado a asinar un
contrato laboral, que lle prohibe todo dereito á folga, cando lle pide un aumento
ao seu patrón tras recibir a nova do embarazo da súa muller. A hábil
man do gran cineasta Lino Brocka (1939-1991) emprega a historia deste
home desesperado para reflectir unha época, emanada e moi influída pola
furia acumulada logo do bochornoso asasinato do xornalista e político Benigno
Aquino. Presentada en Cannes grazas “ao contrabando” realizado por
Brocka, unha circunstancia que lle supuxo a perda da nacionalidade durante
unha temporada, estamos ante unha crúa declaración de intencións contra
o réxime do ditador apoiado polos Estados Unidos Ferdinand Marcos.