Banewl+ The Green Ray
Taceta Dean. 1999-2001
65'. 16mm. Presenta: Martin Pawley. Entrada de balde
Banewl
(Reino Unido, 1999)
The Green Ray
(Reino Unido, 2001)
As imaxes conxeladas para sempre polo cinema dun prodixio efémero non son o prodixio: a experiencia é sempre outra. Isto serve para The Green Ray, a curta en que conseguiu captar o fuxidío último raio do Sol a inglesa Tacita Dean (Canterbury, 1965), artista plástica mundialmente recoñecida, candidata en 1998 ao Premio Turner e en continuo apostolado dos 16 mm. Antes, en 1999, propuxérase filmar a eclipse solar total do 11 de agosto nunha granxa. O día grande amenceu cuberto de nubes, experiencia esta non precisamente descoñecida para os afeccionados ao ceo, así que o resultado, Banewl, non fala tanto do encontro da Lúa e o Sol como da experiencia de vivir ese encontro nese lugar, ao ritmo apracible das vacas que se fan donas da paisaxe.
Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)