Bamako
Abderrahmane Sissako, 2006
118'. Vídeo HD. Subt. castelán
Bamako
(Malí, 2006)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Fotografía: Jacques Besse. Intérpretes: Aïssa Maïga Tiécoura Traoré, Hélène Diarra, Habib Dembélé, Djénéba Koné, Hamadoun Kassogué, William Bourdon, Roland Rappap. Dur.: 118'.
No patio dun barrio popular de Bamako, instalaron un tribunal. Representantes da sociedade civil africana inician un proceso contra as institucións financeiras internacionais: o Banco Mundial e o FMI, aos que consideran responsables da dramática situación de África. Este auténtico proceso pon en escena a xuristas profesionais, representantes da sociedade civil e actores. Entre os habitantes que viven neste patio e que se dedican ao seu está Melé, cantante nun bar e o seu marido, Chaka, sen traballo.