BALAS VENGADORAS
Samuel Fuller, 1949
81´. Vídeo. Subtítulos en galego.
I SHOT JESSE JAMES / BALAS VENGADORAS
(Estados Unidos, 1949)
Dirección e guión: Samuel Fuller, sobre un artigo de Homer Croy. Produción: Lippert Productions. Fotografía: Ernest Miller. Intérpretes: John Ireland, Preston Foster. Duración: 81 minutos.
A caída en desgraza de Bob Ford, o asasino de Jesse James, que traizoa ao seu amigo para conseguir o perdón do goberno e poder casar coa súa moza. No entanto a mitificación do bandido James lévao ao ostracismo e a ser desprezado pola muller que amaba. Ópera prima de Fuller e xa, dentro dos parámetros industriais da serie B, personalísima mostra da capacidade de innovación do autor, capaz de mudar a perspectiva de interese da coñecida historia do pistoleiro Jesse James centrándose no seu asasino e desenfundando o seu despregamento plástico e formal, cheo de planos orixinais e anómalos. Estreada en España en 1954.