Baby, I Will Make You Sweat (1994)+ Abstrakterfilm (2013)
Birgit Hein
71’. 16mm/Vídeo. Subt. Galego. Presentación: B. Hein. Entrada de balde.
Baby, I Will Make You Sweat
(Birgit Hein, 1994) 63’. 16mm.
Abstrakterfilm
(Birgit Hein, 2013) 9’. Vídeo.
Sesión dupla composta por Abstratker Film, unha reflexión sobre os límites do coñecemento e a representación da guerra e do horror mediante o cine, elaborada con filmacións domésticas de cidadáns libios e sirios na súa fuxida da contenda. Tras este filme, Baby, I Will Make You Sweat, un diario de viaxe de sinceridade brutal, en que Hein narra a súa aventura por Xamaica. Un periplo inducido polo desexo e polo medo a envellecer, busca de calor humana á vez ousada e lacerante. Unha película de cativadora textura que Hein conseguiu filmando en vídeo HI-8 e refilmando logo en 16 mm.