BABY FACE NELSON
Don Siegel, 1957.
85´. Subtítulos en castelán.
BABY FACE NELSON
(Estados Unidos, 1957)
Dirección: Don Siegel. Guión: Daniel Mainwaring e Irving Shulman. Produción: United Artists e Fryman-ZS Production. Fotografía: Harry J. Wild. Intérpretes: Mickey Rooney, Carolyn Jones, Cedric Hardwicke, Ted de Corsia. Duración: 85 minutos.
Aproximación á vida do gángster “Baby Face” Nelson, un perturbado que, logo dunha estancia no cárcere por un delicto que non cometera, e ás ordes do mítico John Dillinger, se converte nun asasino visceral. O crescendo dunha inusitada espiral de violencia, só amortecida pola presenza da moza de Nelson, ofrece un relato do gusto de Siegel, fluído e enérxico, cun preciso retrato psicolóxico que proporciona unha das contadas oportunidades que tivo Mickey Rooney para gozar dun papel de relevancia na súa madurez.