ASUNTOS PRIVADOS EN LUGARES PÚBLICOS
Alain Resnais, 2006.
121´. Subtítulos en castelán.
COEURS / ASUNTOS PRIVADOS EN LUGARES PÚBLICOS
(Francia-Italia, 2006)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Jean-Michel Ribes, sobre a obra de Alan Ayckbourn. Produción: Soudaine Compagnie, Studio Canal, France 2 Cinéma, SFP, BIM, Banque Populaire Images 6, Canal Plus, TPS Star, CNC coa participación de Eurimages e Région Ile-de-France. Fotografía: Eric Gautier. Intérpretes: Laura Morante, Lambert Wilson, Sabine Azema. Duración: 121 minutos.
Un soldado apartado do exército, Dan, refúxiase no alcohol. A súa moza, Nicole, sen decatarse do estado de degradación da súa relación, non atopa o camiño correcto para achegarse a el. Gaelle, seu irmán Thierry, a súa compañeira de traballo, Charlotte ou o camareiro Lionel, todos intentan combater a soidade. Baixo a neve en París sucédense as vidas de seis personaxes, as súas procuras e desencontros. León de Prata en Venecia 2006 e premio FIPRESCI da crítica europea para outra obra do gran Resnais (“Hiroshima, mon amour”, “Providence“).