Asolagados
David Vázquez, 2013
60'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
ASOLAGADOS
(España, 2013)
Dirección: David Vázquez. Guión: Alfonso Eiré. Produción: Coa Auga ó Pescozo. Fotografía: Humberto Novoa. Duración: 60 minutos.
Documental sobre a xente dos lugares de Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida ou Ribó, anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño: dos restos das casas, das bodegas, das árbores... e, especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construción do salto e que se viron obrigadas a deixalo todo.