![ASIGNATURA PENDIENTE ASIGNATURA PENDIENTE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_380.jpg?itok=4iO8RiEo)
ASIGNATURA PENDIENTE
José Luis Garci, 1977
94'
ASIGNATURA PENDIENTE
(España, 1977)
Dirección: José Luis Garci. Guión: José Luis Garci e José María González Sinde. Produción: José Luis Tafur P.C. Fotografía: Manuel Rojas. Intérpretes: José Sacristán, Fiorella Faltoyano, Antonio Gamero, Héctor Alterio. Dur.: 94 min.
Un avogado laboralista vólvese encontrar cunha antiga moza. Xuntos intentan recuperar o tempo perdido, refacer o pasado frustrado pola coercitiva sociedade da ditadura. A considerable perspicacia de Garci para facerse notar reforzada pola consistencia de dúas figuras simbólicas (Sacristán, Faltoyano) do cinema do período, proporciona un relato a varias bandas —referentes populares costumistas e documentais, reflexión xeracional e bases de identificación no receptor, comedia sentimental, melodrama— que consegue un enorme éxito e deixa a expresión do seu título na memoria colectiva.