APERITIVO KILL
José Luis Ducid, 2008
50´. Vídeo. Presentación a cargo de José Luis Ducid. Entrada gratuíta.
APERITIVO KILL
(España, 2008)
Dirección e guión: José Luis Ducid. Edición: Xosé González Varela e José Luis Ducid. Produción: El Beasto. Duración: 50 minutos.
As creacións e monólogos do artista arxentino José Luis Ducid son fundamentais no desenvolvemento da cultura e da bohemia galega dos últimos anos, especialmente a radicada na cidade da Coruña. Unha actuación de Ducid e Yiti Layum no ano 2001 nun dos locais emblemáticos da música hardcore nacional, o desaparecido Crápula, é recuperada e montada neste traballo elaborado parcialmente en 8 mm.