Ana Nojoom bent alasherah wamotalagah / 10 años y divorciada
Khadija Al-Salami, 2014
96'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde
Ana Nojoom bent alasherah wamotalagah / 10 años y divorciada
(Iemen, 2014)
Dirección e guión: Khadija Al-Salami. Fotografía: Victor Credi. Intérpretes: Reham Mohammed, Adnan Alkhader, Sawadi Alkainai. Dur: 96'.
Como suxire o título, “Eu son Nojoom, 10 anos e divorciada”, mostra o matrimonio infantil en toda a súa repulsiva innaturalidade, mais tamén pon o acento no lado heroico do rexeitamento da vítima a aceptar o seu sino. Esta ópera prima segura de si mesma da guionista e directora iemení Khadija Al-Salami examina o problema dende un ángulo cultural e conclúe cunha mensaxe social moi apoiada na palabra, destinada ao público local (...).
(...) 10 años y divorciada cóntase por completo dende a perspectiva da nena. Isto acrecenta a inmundicia do drama e, mesmo se todas as escenas de violación ocorren fóra de campo, poderían provocar a saída da sala dalgúns espectadores. Como a película deixa escandalosamente claro, Iemen non conta con idade mínima para o casamento e o costume tribal non ve nada malo en casar nenas a idades tan temperás coma os 8 anos. Son escravas nas mans dos seus titores masculinos, quen as compran e venden en dote, coma no caso de Nojoom (interpretada con determinación gañadora por unha excelente Reham Mohammed), sen que nin sequera se lles consulte (...).
Aínda que ás veces se exceda, o filme é admirablemente franco e directo, cheo de auténtica cor local e xusto cun toque de poesía (...).
(Deborah Young, The Hollywood Reporter)