Alberte Pagán
Alberte Pagán, 1999-2010
83’. Vídeo. Presentación polo seu autor. Entrada gratuíta.
ASAHRA HURRATUN! / [SÁHARA LIBRE!]
(España, 1999-2009)
Dirección, guión, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 48 minutos.
Voces e imaxes. Sons que xurden das areas. Poesía e política: a vida. Filmada nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf con poemas do autor saharaui Ali Salem Iselmu, recitados por el mesmo.
PUILHA 17 JANEIRO 2010 15:33 HORAS
(España, 2010)
Dirección, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 15 minutos.
Casa Encantada. Presente e pasado. A vida pasada nas ruínas presentes. Viaxe no tempo. Temporalidade invertida. Simultaneidade de temporalidades encontradas.
ECLIPSE
(España, 2009-2010)
Dirección, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 20 minutos.
Filme baseado na fórmula de diario. Pagán grabou durante un ano varios segundos ao día arredor dunha árbore e o xardín. Estruturalismo cronolóxico sen desbotar un gran simbolismo cultural cunha perspectiva desmitificadora de construción de imaxinarios.