36 VISTAS DE LA TORRE DE HÉRCULES
José Manuel Mouriño, 2008
62´. Vídeo. Este traballo inclúese tamén no ciclo Poéticas do Cine. Entrada gratuíta.
36 VISTAS DE LA TORRE DE HÉRCULES
(España, 2008)
Dirección e guión: José Manuel Mouriño, sobre textos de X. Kapelán. Produción: Fundación Luís Seoane e Concello da Coruña. Duración: 62 minutos.
O faro é unha figura ambigua, entre o mito fundacional e o relato apocalíptico. A súa situación é un signo máis da dita ambigüidade pois o coloca sempre próximo a unha fractura: sinala o perigo constante para a navegación marítima marcando, ao tempo, o inicio (ou fin) da civilización e a fin (ou inicio) do caos que xorde das profundidades mariñas. A súa esencia lumínica vincúlao incluso á imaxe da orixe do mundo —e ao propio cine— e a intermitencia da luz, a reflexións acerca da temporalidade e o instante. O faro en funcionamento máis antigo do mundo, a Torre de Hércules (construída no S.II d.c.), representa a proximidade do faro a fantasías mitolóxicas. Música de Erik Satie, C. W. Gluck e Giacomo Puccini.