Yo soy el padre y la madre
Frank Tashlin, 1958.
102'. DCP. Subt. castelán.
ROCK-A-BYE BABY / YO SOY EL PADRE Y LA MADRE
(Estados Unidos, 1958)
Dirección: Frank Tashlin. Guión: Frank Tashlin, inspirado no filme El milagro de Morgan Creek (1944) de Preston Sturges. Produción: Paramount e York Pictures Corporation. Fotografía: Haskell Boggs. Intérpretes: Jerry Lewis, Marilyn Maxwell, Connie Stevens. Duración: 102 minutos.
Unha famosa actriz, Carla Naples, a piques de protagonizar un novo título, confésalle ao manager o seu embarazo. De acordo cos protocolos de imaxe, a recomendación pasará a condición de que os trixemelgos que Carla ten acaben nas mans dun amigo da infancia (e eterno namorado), o santiño e coitado Clayton Poole. Sátira contra algúns tótems do conservadurismo, do matrimonio, Hollywood e a television; cun tema musical principal que lle serviu a Lewis para gañar un disco de ouro e vender máis dun millón de copias.