Women without men
Shirin Neshat, 2009. 96’. Subt. Castelán.
Presentación revista Secuencias coa presenza de Daniel Sánchez Salas e Alberto Ruiz de Samaniego. Entrada gratuíta.
WOMEN WITHOUT MEN
(Francia-Alemaña-Austria, 2009)
Dirección: Shirin Neshat, en colaboración con Shoja Azari. Guión: Shoja Azari e Shirin Neshat, sobre a novela homónima de Shahrnush Parsipur. Produción: Essential Filmproduktion Gmbh, Coop99 Filmproduktion, Rommel Fiolm, Société Pariesenne de Production, EMC Produktion e Agora Films. Fotografía: Martin Gschlacht. Intérpretes: Shabnan Toloui, Pegah Ferydoni. Duración: 96 minutos.
A historia de catro mulleres nos días do golpe de estado de Irán de 1953 que consolida o poder imperialista na rexión e a propia tiranía do Sha. Unha magnífica aproximación á situación da mulleres na outrora Persia nun relato evocador, delicado, onírico e cheo de penetrantes compoñentes políticos, culturais e históricos, dirixido pola artista Shirin Neshat que ilustra o especial que a publicación especializada Secuencias dedica ao “cine no espazo da arte”. León de Prata en Venecia. Música de Ryuchi Sakamoto.