WINDOWS ON MONDAY
Ulrich Köhler, 2006.
88´. Subtítulos en galego.
MONTAG KOMMEN DIE FENSTER / WINDOWS ON MONDAY
(Alemania, 2006)
Dirección e guión: Ulrich Köhler. Fotografía: Patrick Orth. Produción: Ö Filmproduktion. Intérpretes: Isabelle Menke, Hans-Jochen Wagner, Amber Bongard. Duración: 88 minutos.
Unha muller de existencia estable e convencional comeza a dubidar de si mesma e da súa situación cando a familia se muda a outra cidade. Mentres, a nova casa segue en construción. As ventás chegarán o luns, pero para entón poden suceder moitas cousas. Influído por Bergman e Antonioni, segunda película do director da recoñecida “Bungalow” (2002).