
Why a Film about such People?
Thomas Heise, 1980
36’. Vídeo. Subt. Galego.
WOZU DENN ÜBER DIESE LEUTE EINEN FILM? / WHY A FILM ABOUT SUCH PEOPLE?
(República Democrática Alemá, 1980)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: Superior de Cine e Televisión de la RDA (HFF), Potsdam-Babelsberg / Hochschule für Film und Fernsehen, Babelsberg. Fotografía: Dagmar Mundt. Duración: 36 minutos.
“É o título do primeiro documental que filmei cando era estudante sobre as vacacións de Semana Santa de 1980. Está filmado en 16 mm, en película en branco e negro reversible. Xunto con dous exercicios de cinco minutos, sería a única película que faría durante os meus anos na Escola de Cine e Televisión da República Democrática Alemá (Hochschule für Film und Fernsehen der DDR, HFF), situada en Potsdam-Babelsberg, Alemaña do Leste. Decontado foi prohibida e quedou arquivada ata finais de 1989. Conta a historia dunha nai e dos seus fillos que, en canto toman café con torta, tratan de recordar (sen éxito) cando foi a primeira vez que tiveron que se enfrontar coa policía. O motivo polo que foi prohibida foi a naturalidade con que se mostraba os mozos, que vivían a súa vida á marxe da ideoloxía e aos que se tomaba como pequenos delincuentes. Esa naturalidade implicaba que o director aceptaba a súa existencia como tal e o único que pretendía era internarse nela.” Thomas Heise