We can’t go home again
Nicholas Ray (1971-2010)
96'. Vídeo. Subt. castelán.
Presentación a cargo de Ángel Santos (xoves 3). Entrada gratuíta.
WE CAN’T GO HOME AGAIN / [NON PODEMOS VOLVER A CASA]
(Estados Unidos, 1971-2010)
Dirección: Nicholas Ray. Guión: Nicholas Ray, Susan Ray, Tom Farrell. Produción: Oscilloscope Pictures. Fotografía: Richie Bock, Peer Bode, Danny Fisher, Mark Goldstein, Stanley Liu, Luke Oberle e Steve Maurer. Intérpretes: Nicholas Ray, Tom Farrell, Richie Bock. Duración: 96 minutos.
Película experimental que Nicholas Ray rodou en diversos formatos xunto aos seus alumnos do Harpur College of Arts and Sciences da Universidade de Binghamton. Susan Ray (Susan Schwartz), viúva do cineasta e guionista do filme, coordinou a restauración da copia para a celebración do centenario do nacemento de Ray no Festival de Venecia de 2011. O resultado, unha colaxe atractiva, crepuscular e testamentaria froito do espírito de exploración e procura do autor. Un filme insólito onde o regreso aos espazos e actitudes da rebeldía mestúrase co retrato de época, o diario, o ensaio ou a representación. Presentada no certame de Cannes de 1973, a montaxe existente ata agora databa de 1976. A única copia en 35 mm en circulación pertencía ao escritor cinematográfico e distribuidor español Jos Oliver, bo coñecedor do seu legado.