
VOISINS, VOISINES
Malik Chibane, 2004.
90´. Subtítulos en castelán.
VOISINS, VOISINES
(Francia, 2004)
Dirección: Malik Chibane. Guión: Malik Chibane e Jackie Berroyer. Fotografía: Georges Lechaptois. Produción: Alhambra Films. Intérpretes: Anémone, Rajkumar Bhan, Frédéric Diefenthal. Duración: 90 minutos.
Nas aforas de París, os habitantes da Residencia Mozart acollen un novo porteiro, Paco, e un veciño rapeiro. Este, falto de inspiración, ve como só lle quedan tres días para entregar cancións se non quere perder o anticipo da produtora. E as ideas pululan polo portal. A Residencia Mozart convértese nunha fábula de hip hop, onde el, pouco a pouco, se transforma no benfeitor dos veciños.