Visita ou Memórias e Confissões
Manoel de Oliveira, 1982
68'. 35 mm. Subt.Galego
Visita ou Memórias e Confissões
(Portugal, 1982)
Dirección: Manoel de Oliveira. Guión: Manoel de Oliveira, Agustina Bessa-Luis. Intérpretes: Manoel de Oliveira, Teresa Madruga, Diogo Dória, María Isabel de Oliveira. Dur.: 68’.
En 1981 Manoel de Oliveira rodou Visita ou Memórias e Confissões na casa que construíra en 1940 e que, por mor das débedas contraídas coa creba da fábrica familiar, se viu obrigado a vender aquel mesmo ano. A película só podía verse postumamente e, por tanto, estreouse en 2015, días despois de que Oliveira falecese. Visita é a súa despedida da casa e das lembranzas que almacena. Dous visitantes fantasmais, as voces de Madruga e Dória, guíannos pola casa, en canto Oliveira ou a muller se confesan perante a cámara. Visita ten un certo aire testamentario, un gran paradoxo se temos en conta que no momento da súa rodaxe Oliveira só realizara seis longametraxes; con posterioridade, poida que inesperadamente para aquel Oliveira de 73 anos, aínda habería rodar outras 24 longametraxes, ademais de varias curtametraxes.