
Victoria
Sebastian Schipper, 2015
140'. DCP. Subt. Castelán
VICTORIA
(Alemaña, 2015)
Dirección: Sebastian Schipper. Guión: Sebastian Schipper, Olivia Neergard-Holm, Elke Schulz. Intérpretes: Laia Costa, Frederick Lau, Franz Rogowski, Burak Yigit. Dur.: 140'.
No afamado barrio berlinés de Kreuzberg, a cámara é testemuña durante dúas horas de todo o que lle pasa a Victoria, unha moza española que acaba de se mudar a Berlín. Victoria coñece a Sonne e os seus tres amigos, para os que a noite acaba de comezar e que prometen mostrarlle o Berlín de verdade. Unha débeda que debe ser recompensada; a conexión especial entre Victoria e Sonne desencadearán unha serie de acontecementos que provocarán un xiro total na súa vida.