
Uranes
Chema García Ibarra, 2013
60'. Vídeo.
URANES
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Chema García Ibarra. Produción: Calle 13. Intérpretes: José Manuel Ibarra, Antonio Ibarra. Duración: 60 minutos.
Unha invasión extraterrestre? Ou todo está na cabeza dun rapaz de Alacante que naceu cunha estraña enfermidade? No seu devastador debut na longametraxe, Chema García Ibarra propón unha película impoñente, divertida, emotiva. Podería ser un falso documental, ou ao mellor unha película de ciencia ficción, ou un musical (a canción-manifesto A todo querer debería converterse nun éxito instantáneo xa), pero sobre todo é unha historia sobre a soidade que xorde dunha comedia esperpéntica. Ou viceversa. En calquera caso, humor pop e sensibilidade melancólica para aprender a contar de novo historias.