Una pistola en cada mano
Cesce Gay, 2012.
95‘. Entrada de balde.
UNA PISTOLA EN CADA MANO
(España, 2012)
Dirección: Cesc Gay. Guión: Tomás Aragay e Cesc Gay. Produción: Impossible Films, Audiovisual Aval SGR, Canal+. España, ICEC, ICO, ICAA, TVE e TV3. Fotografía: Andreu Rebés. Intérpretes: Ricardo Darín, Luis Tosar, Javier Cámara. Duración: 95 minutos.
Filme coral sobre as peripecias cotiáns de personaxes -sobre todo masculinos- ao redor dos corenta anos. Un nutrido elenco -que tamén inclúe a Eduardo Noriega, Leonor Watling, Eduard Fernández, Leonardo Sbaraglia, Jordi Mollà, Alberto San Juan-, hábil libreto, diálogos enxeñosos e punzantes e situacións afortunadas para unha historia gañadora de catro Premis Gaudí e o Goya á mellor actriz secundaria para Candela Peña.